lunes, 29 de noviembre de 2021

ANIVERSARIOS NOVEMBRO

 Este mes estiveron de aniversario Irma, Enma e Abril.




Os nosos mellores desexos para elas.

Moitos parabéns!

viernes, 26 de noviembre de 2021

DÍA CONTRA A VIOLENCIA

Este xoves, celebramos o "Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra a Muller".

Nas clases de 3 anos decoramos uns globos con palabras bonitas que colocamos nun mural realizado entre todo o alumnado do centro, baixo a imaxe dun "Paraugas pola Igualdade".

Durante o recreo tamén gardamos un minuto de silencio, despois de escoitar un breve manifesto.


 

martes, 23 de noviembre de 2021

CÉ ORQUESTRA PANTASMA

O pasado venres 19, foi un día moi divertido, tivemos a actuación especial, a de "Cé Orquestra".

 
 Encantounos! 
 

viernes, 12 de noviembre de 2021

DÍA DO PEÓN

Esta semana estivo moi presente a celebración do "Día do Peón".

Nas seguintes fotos podedes observar como preparamos o noso "bailarte" e como festexamos o día. 





 

jueves, 11 de noviembre de 2021

CONCERTO MÚSICA TRADICIONAL

O pasado 4 de novembro, viñeron a visitarnos Andrea e Fransy que pertencen á Asociación " O Castro".

Agasalláronnos cun concerto moi especial, de música tradicional galega acompañada duns instrumentos "atípicos" (botellas de anís, latas, piñas, culleres, cunhas, sachos,... ademais de pandeiras e pandeiretas).


Grazas á ANPA por subvencionar esta actividade.

lunes, 1 de noviembre de 2021

SAMAÍN

 O venres 29 de outubro celebramos o SAMAÍN.

Para a celebración  puidemos vir disfrazados da casa, nas fotos podedes ver o guapos e guapas que viñemos.

E durante toda a semana preparamos un mural para adornar a porta da nosa clase, cunhas arañas "terroríficas". E grazas á colaboración das familias completamos a ambientación cunhas cabazas moi chulas.



 



Moitas grazas pola colaboración, familias.