jueves, 27 de enero de 2022

ATA PRONTO PROFES!

 Durante o primeiro trimestre tivemos a sorte de que na clase de 3 anos A, estivo aprendendo con nós a profe Cris e na clase de 3 anos B, a profe Andrea; agora chega o momento de que continúen aprendendo na Universidade. 

A semana pasada démoslles un pequeno agasallo para que non se esquezan de nós.

 
 ATA PRONTO PROFES!
 

E claro, nós tamén aprendemos moitísimo con elas. Nas seguintes imaxes podedes observar os miniproxectos que fixemos xuntos. 

Grazas a Cris aprendemos que no Polo Norte non está só Papá Noel, tamén hai esquimós, auroras boreais, animais,...  E coa profe Andrea traballamos o noso nome, o corpo, as emocións...


 

ANIVERSARIOS DECEMBRO E XANEIRO

 A peque do cole xa ten 3 aniños, demorouse un pouco a celebración pero Alexandra xa festexou con nós o seu aniversario.


 

 Ademais este mes houbo outros cinco compis que estiveron de celebración, que maiores son xa con 4 aniños Claudia, Valeria, Leo, Rubén, Lorenzo e Lucas.

 

 


Moitos parabéns!!!