jueves, 26 de mayo de 2022

ATA PRONTO IRMA!

Hoxe, cando chegamos ao cole, sorprendémonos moito cunha noticia. 

A nosa compañeira Irma, ten que cambiar de cole, ímola estrañar moitísimo. 

 E para que sempre se acorde de nós decidimos prepararlle entre todos un pequeniño agasallo.

Desexámosche moitísima sorte no novo cole .


Ata pronto peque!!

lunes, 23 de mayo de 2022

miércoles, 18 de mayo de 2022

LETRAS GALEGAS 2022

 O 17 de maio celebrouse o día das Letras Galegas, este ano adicado a Florencio Delgado Gurriarán.

Para a súa conmemoración no centro, tivemos un concerto de música tradicional, por parte da Asociación de Miño " O Castro".

Na seguinte presentación podedes observar algunhas fotos da celebración e un pequeno vídeo da actuación na que participaron as nosas compis Noa Varela (tocando o bombo) e Valeria (tocando o tambor).

LETRAS GALEGAS 2022 de laprofelorena

Moitas grazas á Asociación Castro, encantounos.

miércoles, 4 de mayo de 2022

OS MAIOS

Hoxe celebramos "OS MAIOS" no cole.

Podiamos traer flores, verde, follas,... para entre todos e todas realizar o noso maio.

Podedes observar o resultado.



 
Grazas ás familias pola colaboración.