viernes, 25 de febrero de 2022

DÍA DE ROSALÍA

Esta semana celebramos o "Día de Rosalía de Castro", nas clases de 3 anos coñecemos un pouco sobre a vida desta escritora tan representativa de Galicia pola súa defensa do pobo galego e da súa lingua.

Durante toda a semana aprendemos a poesía de "Adios ríos, adios fontes" que puidemos recitar no parque de Telle para as nosas familias.


Tamén realizamos uns cadros de Rosalía, pintados con acuarelas, cos que compuxemos un mural coa poesía que aprenderamos.