Xa estamos todos de vacacións,esperamos que o esteades pasando ben.
Nas seguintes fotos podedes observar algunhas actividades dos últimos días.





BO VERÁN!!!!!
Xa estamos todos de vacacións,esperamos que o esteades pasando ben.
Nas seguintes fotos podedes observar algunhas actividades dos últimos días.
Este último mes do curso, celebramos os aniversarios de Aroa e Carmen.
Tamén estaba previsto celebrar os aniversarios de Martina e Lucas Cazón, esta vez non puido ser, esperamos poder celebralo tod@s xunt@s en setembro.
Parabéns!
O martes, volvemos de excursión, esta vez visitamos a praia da Ribeira, que se atopa moi preto do noso cole.
Foi un día xenial, comezamos cunha merenda con vistas ao mar para despois divertirnos xuntos xogando na area.
No seguinte vídeo, podedes observar algunhas fotos da saída.
SAÍDA Á PRAIA de laprofelorena
A semana pasada, volvémonos a converter en peregrinos (esta vez de peregrinos "modernos"), para realizar un pequeno tramo do Camiño de Santiago, dende Bañobre ata o albergue de Miño que se atopa ao lado do noso cole.
Despois de tanto andar paramos no parque de Telle onde repoñemos forzas e xogamos un pouco.
Pasámolo moi ben na andaina observando a natureza, coñecendo a peregrinos de verdade que falaban en diferentes idiomas e o máis importante pasando unha xornada diferente cos nosos compañeiros e compañeiras.
No seguinte vídeo podedes observar un pequeno resumo do noso día.
CAMIÑO DE SANTIAGO de laprofelorena