Hoxe tivemos unha visita moi especial no cole:
OS REIS MAGOS
Entregámoslles unha postal cos nosos mellores desexos e posamos con eles.
Fíxonos moita ilusión.
BO NADAL FAMILIAS!
Hoxe tivemos unha visita moi especial no cole:
OS REIS MAGOS
Entregámoslles unha postal cos nosos mellores desexos e posamos con eles.
Fíxonos moita ilusión.
BO NADAL FAMILIAS!
Estamos de celebración, chega o Nadal!!!
Nas aulas de 3 anos convertémonos en artistas e realizamos postais, árbores de Nadal, estrelas,...
Nas seguintes fotos podedes ver o proceso e o resultado.
Nas aulas de 3 anos non quixemos deixar a oportunidade de traballar un pouco a temática dos volcáns dada a actualidade na que nos atopamos coa erupción do volcán da Palma.
Nestas imaxes podedes observar como realizamos un experimento no que fixemos erupcionar un volcán.
Este mes estiveron de aniversario Irma, Enma e Abril.
Os nosos mellores desexos para elas.
Moitos parabéns!
Este xoves, celebramos o "Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra a Muller".
Nas clases de 3 anos decoramos uns globos con palabras bonitas que colocamos nun mural realizado entre todo o alumnado do centro, baixo a imaxe dun "Paraugas pola Igualdade".
Durante o recreo tamén gardamos un minuto de silencio, despois de escoitar un breve manifesto.
O pasado venres 19, foi un día moi divertido, tivemos a actuación especial, a de "Cé Orquestra".
Esta semana estivo moi presente a celebración do "Día do Peón".
Nas seguintes fotos podedes observar como preparamos o noso "bailarte" e como festexamos o día.
O pasado 4 de novembro, viñeron a visitarnos Andrea e Fransy que pertencen á Asociación " O Castro".
Agasalláronnos cun concerto moi especial, de música tradicional galega acompañada duns instrumentos "atípicos" (botellas de anís, latas, piñas, culleres, cunhas, sachos,... ademais de pandeiras e pandeiretas).
Grazas á ANPA por subvencionar esta actividade.