Este mes estiveron de aniversario Noa Varela, Antón e Pedro.
Xa 4 aniños, que maiores!



Parabéns!
Este mes estiveron de aniversario Noa Varela, Antón e Pedro.
Xa 4 aniños, que maiores!



Parabéns!
O pasado venres 25, fomos de excursión!
Visitamos a "CASA DOS PEIXES" de Coruña.
A emoción xa comezou coa subida ao autobús (a primeira viaxe en autobús para moitos e moitas de nós), para continuar con todo o que puidemos observar no Acuario, peixes, polbos, ourizos, estrelas de mar,... Pero sen dúbida dous dos momentos máis emocionantes foron cando vimos as focas e a quenlla Gastón.
Pasámolo xenial!!!
Nas aulas de 3 anos, aproveitando todo o que estamos a aprender co noso proxecto sobre o inverno, fixemos un experimento que nos encantou, FIXEMOS NEVE!
Pasámolo xenial!
Hoxe, 8 de marzo, celebramos o "Día Internacional da Muller".
Nas clases de 3 anos contamos o conto "Rosa caramelo" e fixemos unhas pulseiras moi chulas para a conmemoración deste día tan importante.
O venres celebramos o último día de Entroido e puidemos vir vestidos co noso disfrace preferido.
Ademais rematamos as nosas máscaras que realizamos ao longo de todo o Entroido.
Mirade que ben posamos nas aulas de 3 anos.
Este mes celebramos os aniversarios de Pablo, Adriana, Kimberly e Martín.
Xa catro aniños.
O venres foi o gran día do Entroido, viñemos ao cole disfrazados de peregrinos e peregrinas. E con este disfrace, tan axeitado, puxémonos a andar polas rúas de Miño.
Pero antes de saír collemos moitas forzas cunha chocolatada coa que nos agasallou a ANPA.
Moitas grazas, encantounos!