Deixámosvos algunhas imaxes dos primeiros días no cole, no período de adaptación.
sábado, 2 de octubre de 2021
viernes, 1 de octubre de 2021
domingo, 20 de junio de 2021
FELIZ FINAL DE ETAPA
miércoles, 16 de diciembre de 2020
AS AVES
Continuamos investigando ao redor das características dos seres vivos. Nestes días, centrámonos no desenvolvemento das aves: características físicas, ciclo reproductivo, coñecemento dos paxaros que viven ao noso redor...
Para facelo, seguimos os seguintes pasos:
- Coñecemos a Pétala, unha pomba moi valente que consegue escorrentar a un malvado dragón da Casa da chuvia. Aquí podedes descubrir a súa historia.
- Buscamos na rede imaxes sobre diferentes clases de paxaros, escribimos o seu nome e coñecemos a forma na que nacen. Aquí tedes algúns exemplos:
PEIZOQUE
CARRIZO
LAVANDEIRA
- Observamos un niño de paxaro, agasallo dunha amiga de Pétala:
- Saímos ao patio a recoller mostras (só o que precisamos, e sen arrincar ningunha planta)
- Empregando plastilina e os recursos naturais recollidos, creamos os nosos propios niños:
- Finalmente, facemos unha exposición cos nosos traballos:
lunes, 30 de noviembre de 2020
CICLO DE CRECEMENTO DAS PLANTAS
Investigamos sobre o proceso de crecemento dos xirasois. Para iso:
1) Vemos vídeos na rede en formato time - lapse sobre o crecemento desta planta: https://www.youtube.com/watch?v=x5mHzwEOpp4
2) Observamos e comentamos obras de arte nas que aparece os xirasois:
3) Manipulamos e debullamos un xirasol:
4) Preparamos sobres con sementes de xirasol para plantar na primavera:
Boa colleita!!!
sábado, 28 de noviembre de 2020
DÍA DO PEÓN - 11 NOVEMBRO 2020
No noso cole celebramos o Día do Peón. Elaboramos peóns con material de refugallo.
Que ben o pasamos!
martes, 24 de noviembre de 2020
ANIVERSARIOS
Estreamos o noso blogue coas fotos dos compañeiros e compañeiras que cumpliron anos durante o primeiro trimestre. Parabéns a tod@s!
ANA
CLARA
HUGO
JORGE
MATEO
NOA
SABELA
THIAGO
CARMEN
















































