jueves, 11 de noviembre de 2021

CONCERTO MÚSICA TRADICIONAL

O pasado 4 de novembro, viñeron a visitarnos Andrea e Fransy que pertencen á Asociación " O Castro".

Agasalláronnos cun concerto moi especial, de música tradicional galega acompañada duns instrumentos "atípicos" (botellas de anís, latas, piñas, culleres, cunhas, sachos,... ademais de pandeiras e pandeiretas).


Grazas á ANPA por subvencionar esta actividade.

lunes, 1 de noviembre de 2021

SAMAÍN

 O venres 29 de outubro celebramos o SAMAÍN.

Para a celebración  puidemos vir disfrazados da casa, nas fotos podedes ver o guapos e guapas que viñemos.

E durante toda a semana preparamos un mural para adornar a porta da nosa clase, cunhas arañas "terroríficas". E grazas á colaboración das familias completamos a ambientación cunhas cabazas moi chulas.



 



Moitas grazas pola colaboración, familias.

domingo, 31 de octubre de 2021

O NOSO BOSQUE EN OUTONO

 Coa chegada do outono, visitamos o noso bosque para recoller follas e froitos do outono.

Deixámosvos unhas fotos para que vexades como o pasamos.

Agora tocará o traballo na aula con todo este material.



sábado, 30 de octubre de 2021

ANIVERSARIOS OUTUBRO

Este mes estiveron de aniversario Noa Villar e Sabela.




Os nosos mellores desexos para elas.

Moitos parabéns!!!

sábado, 2 de octubre de 2021

viernes, 1 de octubre de 2021

3 ANOS B

 Xa estamos preparados para dar comezo á nosa actividade virtual, comezamos presentándonos.

Somos a clase de 3 anos B.


 

3 ANOS A

 Xa estamos preparados para dar comezo á nosa actividade virtual, comezamos presentándonos.

Somos a clase de 3 anos A.

domingo, 20 de junio de 2021

FELIZ FINAL DE ETAPA

 
 
 
Aquí vos deixamos un pequeno recordo do feito durante os anos de infantil, e desexámosvos o mellor na nova etapa que comezan os vosos fillos e fillas. 
 
Parabéns a tod@s polo traballo tan ben feito!