Este mes celebramos os aniversarios de Pablo, Adriana, Kimberly e Martín.
Xa catro aniños.
Este mes celebramos os aniversarios de Pablo, Adriana, Kimberly e Martín.
Xa catro aniños.
O venres foi o gran día do Entroido, viñemos ao cole disfrazados de peregrinos e peregrinas. E con este disfrace, tan axeitado, puxémonos a andar polas rúas de Miño.
Pero antes de saír collemos moitas forzas cunha chocolatada coa que nos agasallou a ANPA.
Moitas grazas, encantounos!
Esta semana celebramos o "Día de Rosalía de Castro", nas clases de 3 anos coñecemos un pouco sobre a vida desta escritora tan representativa de Galicia pola súa defensa do pobo galego e da súa lingua.
Durante toda a semana aprendemos a poesía de "Adios ríos, adios fontes" que puidemos recitar no parque de Telle para as nosas familias.
Tamén realizamos uns cadros de Rosalía, pintados con acuarelas, cos que compuxemos un mural coa poesía que aprenderamos.
E para rematar cos mandados do Meco:
"O xoves traerás unhas bonitas gafas
para o teu "look" completar!
3º mandado do Meco:
"Con Bata e Zapatillas de andar pola casa
estudarás feliz (e con algo de chanza)!"
Hoxe tocou cumprir o 1º mandado do MECO:
"Xa chega o Entroido polo mundo adiante,
este día vestiremos roupa de cor azul radiante!"
Aquí podedes observar aos mandados do MECO para toda a semana do ENTROIDO.
Moitas grazas pola vosa colaboración.