Este mes estiveron de aniversario Vera, Marina e Teo.
Moitos parabéns peques!

O 17 de maio celebrouse o día das Letras Galegas, este ano adicado a Florencio Delgado Gurriarán.
Para a súa conmemoración no centro, tivemos un concerto de música tradicional, por parte da Asociación de Miño " O Castro".
Na seguinte presentación podedes observar algunhas fotos da celebración e un pequeno vídeo da actuación na que participaron as nosas compis Noa Varela (tocando o bombo) e Valeria (tocando o tambor).
LETRAS GALEGAS 2022 de laprofelorena
Moitas grazas á Asociación Castro, encantounos.
Hoxe celebramos "OS MAIOS" no cole.
Podiamos traer flores, verde, follas,... para entre todos e todas realizar o noso maio.
Podedes observar o resultado.

.jpg)

Este sábado 23 de abril foi o "Día do Libro"
Durante a semana pasada creamos un marcapáxinas para celebralo. Aproveitando o proxecto que vamos comezar sobre " O Camiño de Santiago", foi un peregrino o debuxo elixido para decoralo, co lema "Bo Camiño".

Hoxe, aproveitando a proposta do Equipo de Dinamización da Lingua Galega de "Ler ao aire libro", decidimos ler o conto na entrada ao centro.
E para rematar a celebración, un pouquiño de música.
Rematamos o trimestre e toca levar os traballiños para ensinarllos ás nosas familias.
Que emoción!
Nas seguintes fotos podedes observar as portadas e contraportadas dos nosos libriños e algúns momentos de traballo.

Gozade das vacacións e a cargar enerxías para a volta.
Este mes estiveron de aniversario Noa Varela, Antón e Pedro.
Xa 4 aniños, que maiores!



Parabéns!
O pasado venres 25, fomos de excursión!
Visitamos a "CASA DOS PEIXES" de Coruña.
A emoción xa comezou coa subida ao autobús (a primeira viaxe en autobús para moitos e moitas de nós), para continuar con todo o que puidemos observar no Acuario, peixes, polbos, ourizos, estrelas de mar,... Pero sen dúbida dous dos momentos máis emocionantes foron cando vimos as focas e a quenlla Gastón.
Pasámolo xenial!!!