jueves, 27 de enero de 2022

ATA PRONTO PROFES!

 Durante o primeiro trimestre tivemos a sorte de que na clase de 3 anos A, estivo aprendendo con nós a profe Cris e na clase de 3 anos B, a profe Andrea; agora chega o momento de que continúen aprendendo na Universidade. 

A semana pasada démoslles un pequeno agasallo para que non se esquezan de nós.

 
 ATA PRONTO PROFES!
 

E claro, nós tamén aprendemos moitísimo con elas. Nas seguintes imaxes podedes observar os miniproxectos que fixemos xuntos. 

Grazas a Cris aprendemos que no Polo Norte non está só Papá Noel, tamén hai esquimós, auroras boreais, animais,...  E coa profe Andrea traballamos o noso nome, o corpo, as emocións...


 

1 comentario: