E para rematar cos mandados do Meco:
"O xoves traerás unhas bonitas gafas
para o teu "look" completar!
E para rematar cos mandados do Meco:
"O xoves traerás unhas bonitas gafas
para o teu "look" completar!
3º mandado do Meco:
"Con Bata e Zapatillas de andar pola casa
estudarás feliz (e con algo de chanza)!"
Hoxe tocou cumprir o 1º mandado do MECO:
"Xa chega o Entroido polo mundo adiante,
este día vestiremos roupa de cor azul radiante!"
Aquí podedes observar aos mandados do MECO para toda a semana do ENTROIDO.
Moitas grazas pola vosa colaboración.
O 30 de xaneiro conmemorouse o Día Escolar da Non Violencia e da Paz e nas clases de 3 anos ao longo de toda a semana estivemos a traballar este tema.
Nas seguintes fotos podedes observar como quedaron as nosas pombiñas da Paz.
Tamén vos deixamos unha canción que traballamos nas clases.
Durante o primeiro trimestre tivemos a sorte de que na clase de 3 anos A, estivo aprendendo con nós a profe Cris e na clase de 3 anos B, a profe Andrea; agora chega o momento de que continúen aprendendo na Universidade.
A semana pasada démoslles un pequeno agasallo para que non se esquezan de nós.
E claro, nós tamén aprendemos moitísimo con elas. Nas seguintes imaxes podedes observar os miniproxectos que fixemos xuntos.
Grazas a Cris aprendemos que no Polo Norte non está só Papá Noel, tamén hai esquimós, auroras boreais, animais,... E coa profe Andrea traballamos o noso nome, o corpo, as emocións...